Cada lugar ten a súa historia. A nosa terra está ateigada de milleiros de contos e lendas agochadas polo paso do tempo.
En cada aldea, cada pobo, cada monte ou cada outeiro podemos espreitar e ouvir esas lendas xa esquecidas polos pais pero inda lembradas polos avós.
Contos que che contan cando es cativo ao carón do lume e quedas mergullado dunha mestura de pracer e intriga.
Ese lares, tan misteriosos e máxicos atopanse moi preto nosa, soamente temos que sentilos, imaxinalos e desfrutar de eles. Desas lendas, das nosas lendas.

Ohh qe bonitooo!!!Encántame.Lucía Estévez
ResponderEliminar