miércoles, 21 de marzo de 2012

A Santa Compaña

A Santa Compaña é  unha das crenzas míticas máis arraigadas no rural galego. Coñécese tamén en Galicia con varios nomes:  Estadea,  Estantiga, Rolda, As da noite, Pantalla, Avisóns, Pantaruxada. Refirese a presencia dun colectivo de mortos no mundo dos vivos.


É procesión de mortos ou almas en pena que nas brétemas da noite (a partir das doce) percorren errantes as sendas e camiños dunha parroquia".     

Esta procesión vai encabezada por un vivo portando unha cruz e un caldeiro de auga bendita seguido de tódalas ánimas con velas acesas, non sempre visibles, notándose a súa presencia polo cheiro a cera e o vento que levanta ó seu paso.    

O portador da cruz non pode en ningún momento volvela vista atrás nin renunciar ós seus cargos precedendo a Santa Compaña.

Só quedará liberado cando encontre outra persoa a quen lle entrega-la cruz e o caldeiro.

Para se salvar desta obrigación a persoa que vexa pasar a Santa Compaña debe trazar un círculo no chan e meterse dentro del ou ben botarse boca abaixo.

Aínda que na maioría das historias sobre a Santa Compaña esta realiza a súas aparicións de noite, tamén hai casos citados nos que se fala de saídas diúrnas.

A persoa viva que precede a procesión pode ser home ou muller, dependendo se o  patrón da súa parroquia é santo ou santa.

En definitiva, considérase a Santa Compaña como unha anunciadora da morte. A súa misión é visitar todas aquelas casas nas que axiña haberá un pasamento.



Marchan en dúas fileiras e levan un cadaleito. Canto máis á beira do cadaleito vaian os membros das ringleiras, máis axiña morren. Os que van máis lonxe poden tardar ata tres ou catro anos. Quen atopa esta procesión, vea, mais non a sente. O encontro case sempre se dá nas encrucilladas dos camiños, onde é costume deterse cos defuntos para que os cregos boten responsos.

Se o que a atopa é amigo dos que van na procesión, o único que fan con el é levalo polo aire a outra parte; se é inimigo, danlle unha gran malleira e arrástrano polas silveiras. Son poucas as persoas que ven a procesión das Xans, pois para iso precisa posuír unha destas condicións: que o padriño de quen a ve,  rezase mal o credo cando o bautizaron, ou que o crego cambiase os santos óleos confundindo os da extrema unción cos do bautismo. Tal erro pódese remediar bautizándose de novo

Ó impresionante cultos o morto ou dos devanceiros únese a nosa Galicia a crenza das almas en pena, da ánimas peregrinas, que integran a Santa Compaña; por iso en moitas encrucilladas dos camiños se erguen os cruceiros e os petos das ánimas onde se depositan as ofrendas piadosas en tributo ós que xa están na eternidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario