miércoles, 21 de marzo de 2012

A Santa Compaña

A Santa Compaña é  unha das crenzas míticas máis arraigadas no rural galego. Coñécese tamén en Galicia con varios nomes:  Estadea,  Estantiga, Rolda, As da noite, Pantalla, Avisóns, Pantaruxada. Refirese a presencia dun colectivo de mortos no mundo dos vivos.


É procesión de mortos ou almas en pena que nas brétemas da noite (a partir das doce) percorren errantes as sendas e camiños dunha parroquia".     

Esta procesión vai encabezada por un vivo portando unha cruz e un caldeiro de auga bendita seguido de tódalas ánimas con velas acesas, non sempre visibles, notándose a súa presencia polo cheiro a cera e o vento que levanta ó seu paso.    

O portador da cruz non pode en ningún momento volvela vista atrás nin renunciar ós seus cargos precedendo a Santa Compaña.

Só quedará liberado cando encontre outra persoa a quen lle entrega-la cruz e o caldeiro.

Para se salvar desta obrigación a persoa que vexa pasar a Santa Compaña debe trazar un círculo no chan e meterse dentro del ou ben botarse boca abaixo.

Aínda que na maioría das historias sobre a Santa Compaña esta realiza a súas aparicións de noite, tamén hai casos citados nos que se fala de saídas diúrnas.

A persoa viva que precede a procesión pode ser home ou muller, dependendo se o  patrón da súa parroquia é santo ou santa.

En definitiva, considérase a Santa Compaña como unha anunciadora da morte. A súa misión é visitar todas aquelas casas nas que axiña haberá un pasamento.



Marchan en dúas fileiras e levan un cadaleito. Canto máis á beira do cadaleito vaian os membros das ringleiras, máis axiña morren. Os que van máis lonxe poden tardar ata tres ou catro anos. Quen atopa esta procesión, vea, mais non a sente. O encontro case sempre se dá nas encrucilladas dos camiños, onde é costume deterse cos defuntos para que os cregos boten responsos.

Se o que a atopa é amigo dos que van na procesión, o único que fan con el é levalo polo aire a outra parte; se é inimigo, danlle unha gran malleira e arrástrano polas silveiras. Son poucas as persoas que ven a procesión das Xans, pois para iso precisa posuír unha destas condicións: que o padriño de quen a ve,  rezase mal o credo cando o bautizaron, ou que o crego cambiase os santos óleos confundindo os da extrema unción cos do bautismo. Tal erro pódese remediar bautizándose de novo

Ó impresionante cultos o morto ou dos devanceiros únese a nosa Galicia a crenza das almas en pena, da ánimas peregrinas, que integran a Santa Compaña; por iso en moitas encrucilladas dos camiños se erguen os cruceiros e os petos das ánimas onde se depositan as ofrendas piadosas en tributo ós que xa están na eternidade.

martes, 20 de marzo de 2012

Memorias da noite




A lembranza da nosa historia axúda a non cometer os mesmos erros.

Conxuro da queimada

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños, espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas, feitizos das manciñeiras.
Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro de mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte , fuciño do sátiro e pé de coello.
Pecadora  língua de mala muller casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cús, muxido da mar embravescida.
Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan a xaneira, guedella porca de cabra mal parida.
Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella as do Inferno, e fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas, índose bañar na praia das areas gordas.
¡Oíde, oíde ! os ruxidos que dan as que non poden deixar de quemarse na aguardente quedando así purificadas.
E cando este brevaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada : si é verdade que tendes mais poder ca humana xente, eiquí e agora, facede cos espritos dos amigos que están fora, participen con nós desta Queimada.

viernes, 24 de febrero de 2012

O lexendario río do esuqecemento.

Baixa Limia, terra chea de intrigas, misterios, lendas agarimosas e máxicas. A máis emblemática para a comarca e unha da que os seus habitantes se sienten moi orgullosa, xa que é representada todolos anos polos seus veciños.

A festa do esquecemento rememora a chegada ata o marxe esquerdo do río Limia das lexións romanas comandadas por Décimo Junio Bruti no ano 135 a.C.

A beleza do lugar fíxolles xudgar que se atopaban diante do lexendario río Lethes, o río do olvido, que apagaba todos os recordos da memoria de quen atravesase. Entón, empuñando o estandarte da águias de Roma o comandante cruzou o río decididamente e a o chegar o outro marxe , chamou a cada un dos seus soldados polo seu nome para demostrar que non se esquecera de nada.

Asó, ano tras ano, Xinzo conmemora este feito tan importante durante as festas do esquecemento, celebrando e reafirmando a identidade dos nosos antepasados máis remotos para revivir os elementos fundamentais da súa cultura, reafirmando así o noso legado.

jueves, 23 de febrero de 2012

A agulla do demo


Os monxes do mosteiro de San Estevo de Ribas do Sil, en Nogueira de Ramuí­n tiñan interés na construcción dunha ponte que lles permitise cruzar rí­os Sil y Cabe para acortar as distancias entre Ourense e Monforte facendo máis facil as idas e voltas dos recaudadores.
Insistironlle o Rei Felipe IV, pero nada conseguiron poisos seus desexos opoñíanse os intereses dos influíntes Condes de Lemos.
A vella ponte qedara practicamente inutilizada debido as crecentes do dío e para poder cruzalo soamente dispoñían de pequenas barcas que ante calquera contratempo afundíanse.
Pero os monxes non desistiron no seu empeño e trataron co mesmo diaño a construccion do ansiado ponte.

O trato que fixeron, obrigaba o demo a facer unha ponte resistente, de pedra, no prazo dunha semana, a cambio de que os monxes lle entregasen as súas almas e a de todos os seus compañeiros do mosteiro.

O demo comezou os traballos construíndo o primeiro día un pilar que serviría de sustento para a ponte.
Pero o segundo día, os monxes, arrepentidos botaronse atrás pensando que o precio a pagar era demasiado ato.
Preferíron salvar as súas almas da condena eterna e qedarse sen ponte.


Como proba do trato roto polos monxes benedictinos de Ribas do Sil, aínda se pode ver o pilar construído polo demo, unha pedra moi afiada chamada Agulla do Demo en Abeleda, na parroquia de San Estevo de Anllo.

miércoles, 22 de febrero de 2012

O touro muxidor


Remontémonos a tempos de mouros, de princesas fermosas e reis piadosos.
Nunca comarca chamada Reiriz de Veiga, situada na Limia había un castelo habitado por un rei bondadoso cunha filla fermosa e moi agariñosa qerida por todos.
Un día no que a chúvia anegaba os camiños e o ceo tremía cos lóstregos, apareceu un vello Mouro ferido e aterido polo frio pedindo axuda.
A filla do rei, de el e deixouno pasar a palacio.
O mouro totalmente embelesado ca rapaza enamorouse irremediablemente dela, e cando estubo curado pediulle matrimonio. Pero o rey negouse rotundamente debido o seu orixe mouro e a súa avanzada idade.

O mouro, enfadado e con furia ameazante marchou de palacio, e nese intre comezou a tremer a terra.

As casas comezaron a derrubirse e as fontes desbordaban a auga inundando todo o terreno.
O rei e todos os seus súbditos estaban a fuxir, cando de repente viron o mouro dende o alto dun penedo mofandose da desfeita que fixera..

O rei arremeteu unha lanza en ristre contra él. O vello mouro intentou fuxir inutilmente xa que as súas pernas non lle permitían correr, asique facendo uso de novo da maxia negra converteuse nun touro.

Aínda a sí e todo ,o rei seguiu intentando que se internara no medio do pobo anegado e asi se afundise nas revoltas augas.
Mentras tanto, a princesa arroxaba as suas xoias a auga mentres suplicaba as fadas  “¡Axuda , que este mouro traidor e malvado non saia xamais das ruinas e das augas que el mesmo causou ca sua maldade e que cumpla condena por sempre no fondo do lago !


O mouro, transformado todavia en touro, intentaba escapar inutilmente, e cada vez se escorregaba mais cara o interor, ata desaparecer na profundidade das augas revoltas
Despois deste desafortunado suceso os habitantes do lugar, co paso do tempo foronse asentando de novo arredor do lago, e inda se di, que hay momentos que se oen muxidos do touro nas profundas e antigas augas.

domingo, 12 de febrero de 2012

Un meigallo...unha meiga !

Outro lugar chamado Val da Bouza,recolle unha lenda que se lle contaba aos nenos as noites de inverno onde o pouco que se podía facer era asar castañas e escoitar aos avós,abrigadiños a veira dunha boa fogata.
Conta a historia ,que fai moitos anos habitaba as aforas da aldea unha meiga.
Naide sabía cando houbera de nacer,nin cantos anos contaba,todos a lembraban ca mesma idade e co mesmo soriso misterioso.O seu cabelo longo,lacio e oscuro,e os beizos sempre perfilados de cor vermellón daban sensación de acougamento pero o mesmo tempo de atracción.Moitas das mulleres acudían en busca da sua axuda  para que lles preparase brebaxes para a fertilidade ou pócimas amorosas.
A súa casa,estaba ateigada de montóns de obxetos extraños,ras,serpres ,peles de animais,raposos e vermes pululaban os rincons do seu fogar.Ao lado da sua vella e destartelada cadeira,sempre había o mesmo libro,cheo de polvo,e un pequeno candil que alumeaba sempre.
Contaban os romores que fora vista facendo sacrificios de animais no medio do monte,sobre todo machos cabríos,e mentres os sacrificaba falaba en idiomas completamente inteleixibles.
Uns rapaces novos ,afirmaban tímidamente que a viran nun aquelarre xunto con outras tres bruxas,facendo rituais satánicos para invocar ao escuro.
A noite na que desapareceu esta misteriosa muller a lúa chea fondeaba no alto do ceo.Todos os veciños ,extrañados polo suceso acercaronse ata o fogar da muller.
Nunca xamais apareceu.O único que se recorda ,foi ver alzar o voo a unha curuxa,e nun intre,desapreceu.
Moitos opinaban que naquela época marcada por unha persecución insaciable de bruxas ,algún inquisidor a asasinara.
Outros ,opinaban que xa cumprira finalmente oa súa labor e que dende ese momento a sua esencia sempre perduraría en Val da Bouza.

Podémonos qedar ca parte máxica ou ca parte lóxica.Lóxicamente preferimos a máxica ;)

E recordade que inda rumorean das meigas que ... "creer ninguén cree en elas...mais habelas ahinas !

viernes, 10 de febrero de 2012

Soña.


Superación, motivación, ilusións, felicidade, libertade... Chámadelle como queirades, estes sons transmiten todo iso e máis. É a maxia galega.

A reina Loba

Os galegos temos persoaxes soamente nosos así coma historias únicas .Lendas tan representaticas coma as da Noite de San Xoán ou a Santa Compaña.Pero non me vou afastar cara outras terras e eime qedar en Ourense.Exactamente a un pequeno pobo chamado Figueirós.
Contan que neste lugar vivíu unha muller tan poderosa ,cruel e  maligna que era chamada polos veciños a reina Loba.

para a sua manutención e a dos seus achegados obrigaba a os seus súbditos a entregarlle cada día unha vaca,un porco e unha carreta chea de comida.

As familias campesiñas turnábanse para entregarlle os presentes xa que lle tiñan un medo terribel ,debido a que se non o facían,os servidores da Loba arrasaban e incendiaban casas e colleitas.
Neste clima de terror vivíu a comarca enteira durante moitos anos sin que naide se atrevese a protestar.Pero cando lle tocou  o turno de entregar os alimentos aos veciños de Figueiros ,éstes reunironse en asamblea e decidíron non pagar un tributo que os estaba matando de fame a eles e as suas familias.

Pero o feito de decir "non pagaremos "non era suficiente ,xa que a raíña mandaría contra eles aos seus sicarios e serían perseguidos e asasinados.
Decidíron que se tiñan que morrer de fame a mans dos sicarios da loba ,mellor era morrer combatendo contra ela,así que se armaron o mellor que puideron.
Fixeron lanzas e xabalinas,arcos e frechas,tomaron pedras e garrotes,e aprobeitando a oscuridade da noite, puxeronse en marcha cara o castelo.
A loba máis os seus secuaces estaban a dormir.Fiados  no terror que infundían na comarca descuidaron a vixianza.
Endexamais naide se atrevera a desafiar o seu poder nin contaban con que tal cousa fose suceder.Sixilosamente, os veciños de Figueirís rubiron as murallas e abriron todas as portas , soprendendo aos sicarios da Reina Loba.Un breve pero encarnizado combate,deu a vitoria os veciños,que se lanzaron escaleiras arriba en busca da súa opresora.A loba ,que se refuxiara na torre mais alta,ao ver que non tiña maneira de fuxir ,correu ata a fiestra e arroxouse ao vacio,morrendo esnaquizada nas rochas.
Por fin,ca súa morte acabou o suplicio dos habitantes,que lembraron durante séculos,en romances e cancións,o valor e a valentía dos veciños de Figueirós.