jueves, 23 de febrero de 2012

A agulla do demo


Os monxes do mosteiro de San Estevo de Ribas do Sil, en Nogueira de Ramuí­n tiñan interés na construcción dunha ponte que lles permitise cruzar rí­os Sil y Cabe para acortar as distancias entre Ourense e Monforte facendo máis facil as idas e voltas dos recaudadores.
Insistironlle o Rei Felipe IV, pero nada conseguiron poisos seus desexos opoñíanse os intereses dos influíntes Condes de Lemos.
A vella ponte qedara practicamente inutilizada debido as crecentes do dío e para poder cruzalo soamente dispoñían de pequenas barcas que ante calquera contratempo afundíanse.
Pero os monxes non desistiron no seu empeño e trataron co mesmo diaño a construccion do ansiado ponte.

O trato que fixeron, obrigaba o demo a facer unha ponte resistente, de pedra, no prazo dunha semana, a cambio de que os monxes lle entregasen as súas almas e a de todos os seus compañeiros do mosteiro.

O demo comezou os traballos construíndo o primeiro día un pilar que serviría de sustento para a ponte.
Pero o segundo día, os monxes, arrepentidos botaronse atrás pensando que o precio a pagar era demasiado ato.
Preferíron salvar as súas almas da condena eterna e qedarse sen ponte.


Como proba do trato roto polos monxes benedictinos de Ribas do Sil, aínda se pode ver o pilar construído polo demo, unha pedra moi afiada chamada Agulla do Demo en Abeleda, na parroquia de San Estevo de Anllo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario