miércoles, 22 de febrero de 2012

O touro muxidor


Remontémonos a tempos de mouros, de princesas fermosas e reis piadosos.
Nunca comarca chamada Reiriz de Veiga, situada na Limia había un castelo habitado por un rei bondadoso cunha filla fermosa e moi agariñosa qerida por todos.
Un día no que a chúvia anegaba os camiños e o ceo tremía cos lóstregos, apareceu un vello Mouro ferido e aterido polo frio pedindo axuda.
A filla do rei, de el e deixouno pasar a palacio.
O mouro totalmente embelesado ca rapaza enamorouse irremediablemente dela, e cando estubo curado pediulle matrimonio. Pero o rey negouse rotundamente debido o seu orixe mouro e a súa avanzada idade.

O mouro, enfadado e con furia ameazante marchou de palacio, e nese intre comezou a tremer a terra.

As casas comezaron a derrubirse e as fontes desbordaban a auga inundando todo o terreno.
O rei e todos os seus súbditos estaban a fuxir, cando de repente viron o mouro dende o alto dun penedo mofandose da desfeita que fixera..

O rei arremeteu unha lanza en ristre contra él. O vello mouro intentou fuxir inutilmente xa que as súas pernas non lle permitían correr, asique facendo uso de novo da maxia negra converteuse nun touro.

Aínda a sí e todo ,o rei seguiu intentando que se internara no medio do pobo anegado e asi se afundise nas revoltas augas.
Mentras tanto, a princesa arroxaba as suas xoias a auga mentres suplicaba as fadas  “¡Axuda , que este mouro traidor e malvado non saia xamais das ruinas e das augas que el mesmo causou ca sua maldade e que cumpla condena por sempre no fondo do lago !


O mouro, transformado todavia en touro, intentaba escapar inutilmente, e cada vez se escorregaba mais cara o interor, ata desaparecer na profundidade das augas revoltas
Despois deste desafortunado suceso os habitantes do lugar, co paso do tempo foronse asentando de novo arredor do lago, e inda se di, que hay momentos que se oen muxidos do touro nas profundas e antigas augas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario