viernes, 10 de febrero de 2012

A reina Loba

Os galegos temos persoaxes soamente nosos así coma historias únicas .Lendas tan representaticas coma as da Noite de San Xoán ou a Santa Compaña.Pero non me vou afastar cara outras terras e eime qedar en Ourense.Exactamente a un pequeno pobo chamado Figueirós.
Contan que neste lugar vivíu unha muller tan poderosa ,cruel e  maligna que era chamada polos veciños a reina Loba.

para a sua manutención e a dos seus achegados obrigaba a os seus súbditos a entregarlle cada día unha vaca,un porco e unha carreta chea de comida.

As familias campesiñas turnábanse para entregarlle os presentes xa que lle tiñan un medo terribel ,debido a que se non o facían,os servidores da Loba arrasaban e incendiaban casas e colleitas.
Neste clima de terror vivíu a comarca enteira durante moitos anos sin que naide se atrevese a protestar.Pero cando lle tocou  o turno de entregar os alimentos aos veciños de Figueiros ,éstes reunironse en asamblea e decidíron non pagar un tributo que os estaba matando de fame a eles e as suas familias.

Pero o feito de decir "non pagaremos "non era suficiente ,xa que a raíña mandaría contra eles aos seus sicarios e serían perseguidos e asasinados.
Decidíron que se tiñan que morrer de fame a mans dos sicarios da loba ,mellor era morrer combatendo contra ela,así que se armaron o mellor que puideron.
Fixeron lanzas e xabalinas,arcos e frechas,tomaron pedras e garrotes,e aprobeitando a oscuridade da noite, puxeronse en marcha cara o castelo.
A loba máis os seus secuaces estaban a dormir.Fiados  no terror que infundían na comarca descuidaron a vixianza.
Endexamais naide se atrevera a desafiar o seu poder nin contaban con que tal cousa fose suceder.Sixilosamente, os veciños de Figueirís rubiron as murallas e abriron todas as portas , soprendendo aos sicarios da Reina Loba.Un breve pero encarnizado combate,deu a vitoria os veciños,que se lanzaron escaleiras arriba en busca da súa opresora.A loba ,que se refuxiara na torre mais alta,ao ver que non tiña maneira de fuxir ,correu ata a fiestra e arroxouse ao vacio,morrendo esnaquizada nas rochas.
Por fin,ca súa morte acabou o suplicio dos habitantes,que lembraron durante séculos,en romances e cancións,o valor e a valentía dos veciños de Figueirós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario