jueves, 2 de febrero de 2012

Onde hai un río


A idade media é una época rodeada de montóns de lendas, contos, sucesos curiosos e extraños. Cabaleiros, princesas, dragóns, bruxas, ninfas, castelos, ríos e bosques. En todolos rincóns había historias distintas pero tiñan algo en común.

Todos saben que a imaxe mais emblemática de Ourense é o noso río Miño. Ben, pois en torno a el, creáronse e segense creando historias curiosas que temos que recordar. Destacou unha delas que me parece especialmente bonita, e di asi :

Ía camiñando pola veira do río Miño un ferreiro que voltaba para a súa casa. Viña de Castilla, alí buscara traballo como ferreiro pero non gañara demasiados cartos. Inda así el ía moi contento por poder ver a súa familia despois de case un ano.
De súpeto, e non sabendo de onde saira,apareceuselle un misterioso cabaleiro a grupas dun fermosísimo semental negro. O home qedou qedo no sitio, e o cabaleiro dirixiuse a el e díxolle "Toma este queixo mañá pola mañá tesllo que entregar a unha ninfa que esta sempre no río, pero terá que ir enteiro se falta algun cacho, por minúsculo que sexa, a súa maldición non se romperá e entrará en cólera ". O home aceptou o queixo algo extrañado, pero soamente asentiu.

A noitiña, cando as curuxas xa vixiaban silandeiras dende as polas, o home chegou a casa. A muller recibiuno cariñosamente, pero o ver que non traía case cartos nin comida, marchou decepcionada a cama. O home, sen lle dar tempo a contarlle o suceso tan extraño que lle acontecera, tamén foi dormir ,deixando o queixo por riba da mesa.
Pero de madrugada a muller ergeuse porque tiña moita fame, e ao ver o queixo, sen pensalo tan xiquera, comeu un cacho e volveuno envolver.
A mañá seguinte o home levantouse, colleu o queixo e marchou a veira do río. Non vía a naide, ata que de súpeto ollou sentada nunha rocha a unha fermosa ninfa de cabelos infinitamente longos e dourados. Estabase a peitear o seu precioso pelo, cando o home lle entregou o  queixo. Ela, lusionada desenvolveu o queixo pero o ver que faltaba un cacho colleu tal enfado que comezou a berrar como naide berrara xamais. O pobre home, aterrorizado, correu tanto como puido para alexarse daquel río.




Dende aquelas, todalas noites na que a lúa está minguante, se paseamos pola veira do río podemos ver a ninfa peinando a sua infinita melena e chorando ao compas da corrente das profundas augas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario