domingo, 12 de febrero de 2012

Un meigallo...unha meiga !

Outro lugar chamado Val da Bouza,recolle unha lenda que se lle contaba aos nenos as noites de inverno onde o pouco que se podía facer era asar castañas e escoitar aos avós,abrigadiños a veira dunha boa fogata.
Conta a historia ,que fai moitos anos habitaba as aforas da aldea unha meiga.
Naide sabía cando houbera de nacer,nin cantos anos contaba,todos a lembraban ca mesma idade e co mesmo soriso misterioso.O seu cabelo longo,lacio e oscuro,e os beizos sempre perfilados de cor vermellón daban sensación de acougamento pero o mesmo tempo de atracción.Moitas das mulleres acudían en busca da sua axuda  para que lles preparase brebaxes para a fertilidade ou pócimas amorosas.
A súa casa,estaba ateigada de montóns de obxetos extraños,ras,serpres ,peles de animais,raposos e vermes pululaban os rincons do seu fogar.Ao lado da sua vella e destartelada cadeira,sempre había o mesmo libro,cheo de polvo,e un pequeno candil que alumeaba sempre.
Contaban os romores que fora vista facendo sacrificios de animais no medio do monte,sobre todo machos cabríos,e mentres os sacrificaba falaba en idiomas completamente inteleixibles.
Uns rapaces novos ,afirmaban tímidamente que a viran nun aquelarre xunto con outras tres bruxas,facendo rituais satánicos para invocar ao escuro.
A noite na que desapareceu esta misteriosa muller a lúa chea fondeaba no alto do ceo.Todos os veciños ,extrañados polo suceso acercaronse ata o fogar da muller.
Nunca xamais apareceu.O único que se recorda ,foi ver alzar o voo a unha curuxa,e nun intre,desapreceu.
Moitos opinaban que naquela época marcada por unha persecución insaciable de bruxas ,algún inquisidor a asasinara.
Outros ,opinaban que xa cumprira finalmente oa súa labor e que dende ese momento a sua esencia sempre perduraría en Val da Bouza.

Podémonos qedar ca parte máxica ou ca parte lóxica.Lóxicamente preferimos a máxica ;)

E recordade que inda rumorean das meigas que ... "creer ninguén cree en elas...mais habelas ahinas !

No hay comentarios:

Publicar un comentario