Dende mouchos e trasgos, ata ninfas , serpes , diaños e lobos. A nosa tradición esta formada por uns símbolos que a caracterizan por ser única e orixinal. Unha tradición tan antiga coma os propios mouros, cristians, celtas ou os visigodos.
Unha de mouros,
Achegamonos a aldea de Nocelo da Pena. Nesta pequena aldea atopamos moitos dos asentamentos onde habitaban os mouros antigamente. Das suas costumes e tradicións perduran centos de lendas que todavía gardamos na nosa memoria. Unha delas, é esta :
Agochado por centos de carballos milenarios atopamos o Penedo Redondo,unha gran pedra cun oco, no que antigamente din que vivían os mouros.
Preto de alí, ao lado dun regueiro había unha fonte cas augas máis limpas e frescas de toda a comarca. Conta a lenda que todalas tardes, as mozas novas da aldea ían alí buscar auga.
Unha noite fria e oscura de febreiro unha rapaza de cabelos tan dourados coma o ouro foi buscar auga a fonte. Por un momento creeu ouvir unha voz que viña dende lonxe, pero non lle deu importancia. De repente, unha voz dulce e melosa falaballe as costas.
Un escalofrío subiulle polo corpo, pero non puido escapar. Aquela voz tan fermosa e misteriosa tiña entalecida no seu sitio e non se podia mover. Decidiu voltarse e puido ver de quen era aquela voz. Tiña unha cara escura e uns ollos negros tan profundos e vacíos coma a mirada dun corvo. Decatouse de que era esa moura da que tanto falaban os vellos na aldea.
Dela dicían que era perversa e que mataba nenos para despois beber a súa sangre. A moura, cun xesto veloz matou a pobre moza. Naide volveu saber dela. Aquela fonte endexamais foi frecuentada por naide.
Inda agora, se escoitamos atentamente podemos ouvir a voz doce e acougante da moura.

No hay comentarios:
Publicar un comentario